Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia

Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO Galicia
congreso enfermería

CCOO repróchalle á Xunta que se negue a devolver dereitos roubados ao persoal do SERGAS

02.10.2017.

Na mesa sectorial do día 29 de setembro, a Administración autonómica pediu agardar á aprobación dos orzamentos, petición rexeitada por CCOO porque obrigaría a «percorrer un camiño prefixado»

cartaz

CCOO rexeita o anteproxecto para modificar a Lei de saúde de Galicia e a supresión de catro áreas sanitarias

  • A Federación de Sanidade de CCOO critica que a Xunta publicase o borrador no Portal de Transparencia horas antes de llo trasladar oficialmente aos sindicatos
17.08.2017.

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras rexeita o anteproxecto para modificar a Lei 8/2008 de saúde de Galicia. O texto foi publicado no Portal de Transparencia da Xunta horas antes de que a Administración autonómica llo trasladase oficialmente aos sindicatos. «Así é como concibe o noso Goberno a negociación e a transparencia», censura Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade.

Rueda de prensa

CCOO presenta su campaña en defensa de los derechos laborales, el empleo y el poder adquisitivo de los empleados públicos "¡VAMOS A RECUPERAR LO ARREBATADO!"

20.09.2017.

CCOO ha presentado la campaña ¡Vamos a recuperar lo arrebatado! en defensa de los servicios públicos y por la recuperación de los derechos arrebatados a los y las empleados públicos, en rueda de prensa, en la que la secretaria confederal de Acción Sindical, Mercedes González, y los secretarios generales de las Federaciones del Área Pública de CCOO, han reclamado que la recuperación económica anunciada por el Gobierno "revierta en los trabajadores del sector público y en la ciudadanía en su conjunto". Recuperación del poder adquisitivo y del empleo público perdido, de todos los derechos arrebatados y la defensa de los servicios públicos, son las principales reivindicaciones de la campaña que, si no son recogidas adecuadamente en los PGE para 2018, darán paso a movilizaciones, sin descartar "una movilización contundente"

Celebración dos Congresos Comarcais Extraordinarios do Salnes e Vigo o 18 de Octubro

08.09.2017.

O consello da federación de Sanidade e sectores sociosanitarios de Galicia, celebrado en Santiago o día 6 de setembro do 2017, aproba por unanimidade a celebración dos congresos extraoirdinarios comarcais do Salnés e de Vigo que se celebrarán o día 18 de outubro en vilagarcía e vigo respectivamente

Presentación da proposta

CCOO pide que o antigo Hospital Xeral Cíes continúe a ser propiedade pública

  • O sindicato propón que sexa convertido en centro de atención especializada para persoas maiores en situación de dependencia
17.08.2017.

Comisións Obreiras (CCOO) pide que o antigo Hospital Xeral Cíes, en Vigo, continúe a ser propiedade pública; neste senso, propón que sexa convertido en centro de atención especializada para persoas maiores en situación de dependencia. Precisamente, a iniciativa sindical chega unha década despois da aprobación da Lei 39/2006 para a autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia. Neste período, as expectativas depositadas no sistema víronse «truncadas» por culpa dos recortes, denunciaron hoxe representantes de CCOO.

CCOO critica o SERGAS por rexeitar negociar a recuperación de dereitos «roubados» ao persoal sanitario durante a crise

  • Comisións reprochoulle a súa actitude á Administración sanitaria na última mesa sectorial e vaticina «conflitividade» a partir de setembro
03.08.2017.
CCOO esixe a recuperación dos dereitos roubados

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Sanidade) critica o Servizo Galego de Saúde (SERGAS) por rexeitar na última mesa sectorial, que tivo lugar o pasado día 2, negociar a recuperación dos dereitos «roubados» ao persoal do ámbito durante a crise. Ángel Cameselle, secretario xeral de CCOO-Sanidade, reprochoulle á Administración sanitaria a súa actitude, xa que se insistiu durante anos en que a situación era «conxuntural» e se reverterían os recortes despois da recesión económica.

CCOO logra un hito sindical con la firma de una OEP excepcional para la Sanidad Pública y un acuerdo para el empleo

30.03.2017.
Antonio Cabrera, coordinador del Área Pública

Esta reivindicación, que ya formalizó CCOO en junio de 2016, se hace ahora realidad en el documento suscrito esta mañana en el Ministerio de Hacienda para el conjunto de las Administraciones Públicas. El acuerdo incluye la convocatoria de una Oferta de Empleo Público (OEP) excepcional que podría superar las 270.000 plazas. De ellas, para la Sanidad Pública y según estudios del sindicato, se alcanzarían en torno a las 130.000 plazas, a desarrollar en tres años.

CCOO firma el I Convenio colectivo de DENTIX, primer convenio de empresa estatal del sector sanitario

  • Tras un año de negociaciones, ayer 17 de mayo, se firmó el I Convenio Colectivo de DENTIX, que afecta a todas las clínicas dentales de DENTIX en todo el Estado.
23.05.2017.

CCOO insta a Xunta a reducir a interinidade na sanidade pública, cifrada no 22 % polo propio Ministerio

  • A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia pide que se convoquen case sete mil prazas, na liña do asinado en Madrid, e rexeita o plan de estabilidade e provisión do SERGAS
06.04.2017.
Angel Cameselle e Antonio Cabrera

Comisións Obreiras (CCOO) insta a Xunta a reducir a «insoportable eventualidade e precariedade» na sanidade pública. Segundo datos do Ministerio de Sanidade, o 22 % das prazas están cubertas de xeito interino ou mediante contratos en fraude de lei, isto é, 7660 dun total de 34 057. Por esta razón, CCOO defende unha oferta pública de emprego (OPE) baseada nos criterios do acordo asinado recentemente en Madrid, polo que se converterían en fixas o 90 % destas prazas, o que obrigaría a convocar, cando menos, 6894 postos.

A FSS-CCOO de Galicia reelexiu a Angel Cameselle Corbacho como Secretario Xeral no seu VIII congreso

17.03.2017.
Imaxe do Secretario coa Executiva

A federación de Sanidade e Sectores Sociosanitarios de CCOO de Galicia (FSS-CCOO de Galicia) celebrou o 16 de marzo na vila de Sanxenxo o seu VIII congreso, no que reelexiu para o seu segundo mandato a Angel Cameselle Corbacho. Do mesmo xeito elexiuse a nova executiva federal.

CCOO mobilizarase a prol das áreas sanitarias

CCOO-Sanidade secunda as manifestacións convocadas en Galicia para defender as áreas sanitarias

  • Alerta do risco de privatización pois, con menos medios nos hospitais comarcais, «a alternativa será desprazarse a Lugo, Ourense ou Pontevedra, incluso acudir a centros privados»
02.10.2017.

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras secunda as manifestacións convocadas en todo o país contra a reforma da lei de saúde de Galicia. O sindicato xa ten manifestado en diversas ocasións a súa oposición a este proxecto, que suprimirá varias áreas sanitarias e mesmo abre de par en par as portas da privatización. O secretario xeral de CCOO-Sanidade, Ángel Cameselle, advirte que, con menos medios nos hospitais comarcais, «a alternativa será desprazarse a Lugo, Ourense ou Pontevedra, incluso acudir a centros privados».

Cursos inglés sanitario

La FSS-CCOO lanza un nuevo período de inscripción para los cursos de terminología sanitaria en inglés

21.09.2017.

La Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) continúa ofreciendo a sus afiliadas y afiliados importantes descuentos en actividades formativas punteras en el sector. Mediante el acuerdo de colaboración con Wellington Learning International, la afiliación podrá acceder a cursos de inglés sanitario específicos para cada categoría profesional, tanto sanitarios como no sanitarios. El precio final será inferior en casi un 70% al precio de mercado.

La FSS-CCOO te anima a inscribirte al I Congreso virtual de Enfermería con precios exclusivos para la afiliación

07.06.2017.
Cartel del congreso.

La Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO) continua con el proyecto de organizar congresos científicos virtuales; encuentros organizados por profesionales para profesionales. Tras el éxito del celebrado en 2014, dirigido a TCAE, el próximo mes de noviembre tendrá lugar el I Congreso dirigido a Enfermeras, proporcionando un espacio de encuentro para la actualización de conocimientos, debatir sobre aspectos concretos de la profesión y mostrar trabajos científicos o experiencias.

Cartel

Ya están operativos los instrumentos de difusión en redes sociales del I Congreso virtual de Enfermería organizado por la Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO)

  • Entra en las redes sociales del I Congreso de Enfermería de CCOO y sé la primera persona en acceder a toda la información y novedades a medida que se produzcan.
04.07.2017.

Unha «dura» sentenza do TSXG tumba o recurso de SAR Quavitae Santiago contra a demanda gañada por unha delegada de CCOO

  • A resolución xudicial confirma unha sentenza anterior e conclúe que aceptar os argumentos da empresa significaría beneficiar a quen orixinou o litixio
06.06.2017.
Segundo a sentenza, aceptar os argumentos da empresa denunciada sería como premiar o infractor

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) acaba de desestimar o recurso de suplicación de SAR Quavitae contra a demanda gañada por unha delegada de Comisións Obreiras (CCOO) na residencia que esta empresa —do grupo Geriatros— xestiona en Santiago de Compostela. Na demanda orixinal, a traballadora reclamaba o gozo dos descansos que lle correspondían tanto na xornada ordinaria como as compensacións polos excesos horarios producidos, peticións non atendidas pola denunciada.

Cabrera reitera la exigencia de CCOO de derogar la Ley 15/97 de nuevas formas de gestión sanitaria

26.04.2017.
Antonio Cabrera

El secretario general de la Federación de Sanidad y Sectores Sociosanitarios de CCOO (FSS-CCOO), Antonio Cabrera, ha participado hoy, 25 de abril de 2017, en la Jornada 'La sostenibilidad del Sistema Nacional de Salud, a debate', que ha sido inaugurada por el secretario general de CCOO, Ignacio Fernández Toxo, junto con el Presidente del Consejo Económico y Social, Marcos Peña, y el secretario general de Sanidad y Consumo, Javier Castrodeza.

CCOO-Sanidade desmente as «maliciosas» afirmacións da CIG sobre o acordo para reducir a precariedade no sector público

  • O secretario xeral desta federación, Ángel Cameselle, defende un acordo que permitirá reducir de xeito notable a interinidade, cuantificada no 22 % polo Ministerio
03.04.2017.
CCOO continúa a esixir a recuperación dos dereitos roubados no sector público

​A Federación de Sanidade de CCOO de Galicia desmente as afirmacións da CIG sobre o acordo para reducir a precariedade no sector público. O seu secretario xeral, Ángel Cameselle, asegura que «é falso e malicioso» ligar este «importantísimo acordo» coa suba salarial de só o 1 % que impuxo o Goberno central. «Nós rexeitamos esa pírrica suba e esiximos un 3 %, pero esta cuestión nada ten a ver co acordo», reitera o sindicalista.

Arbitrariedade do SERGAS ao establecer o calendario de traballo do persoal de enfermaría dos PAC

  • O sindicato coida «obsoleto» un sistema que limita as posibilidades de emprego de milleiros de profesionais, que provoca conflitos de horarios e que prexudica a saúde no traballo
23.11.2016.
Sede do Servizo Galego de Saúde (SERGAS)

A Federación de Sanidade de Comisións Obreiras de Galicia denuncia a «arbitrariedade» do SERGAS ao establecer o calendario de traballo do persoal de enfermaría dos puntos de atención continuada (PAC). Segundo o sindicato, a actuación da Administración, que se repite en varias áreas sanitarias do país, prexudica centos de profesionais.

CCOO-Sanidade esixe unha OPE excepcional para rematar coa precariedade laboral no SERGAS

06.10.2016.

O sindicato esixe a fin da precaridade laboral no Servizo Galego de Saúde ou intensificará a batalla xurídica e iniciará os contactos para un proceso unitario de mobilizacións